39
Un ciclista faleceu durante a tarde deste mércores tras ser alcanzado por un camión na estrada que enlaza a localidade de Bergondo co encoro de Cecebre.
El e o seu compañeiro circulaban pola parroquia de Guísamo, cando, á altura do Lugar de San Paio, un camión que transportaba penso atropelou a un dos ciclistas, que faleceu practicamente no momento, asegurou o compañeiro. De feito, foi este último quen alertou ao 112 Galicia e malia a intervención do servizo de Urxencias Sanitarias, nada se puido facer pola súa vida.