Un ciclista perde a vida na Pastoriza ao ser atropelado por unha furgoneta

Un ciclista faleceu na tarde deste luns despois de que a súa bicicleta colisionase contra unha furgoneta na Pastoriza. Os feitos sucederon no punto quilométrico 9 da LU-122. O 112 Galicia recibiu a alerta do accidente a través dunha persoa particular.

Acto seguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que malia mobilizar un helicóptero medicalizado ata o lugar do sinistro, tan só puideron confirmar o falecemento do ciclista.

Ademais, os xestores do CIAE 112 Galicia deron conta do accidente á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Vilalba e ao GES da Pontenova.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha