Un ciclista perde a vida tras sufrir unha caída na DP-1914, en Ardaña, Carballo

0 minutes read

O 112 Galicia recibiu o primeiro aviso por mor deste suceso arredor das 13:00 horas deste venres. Segundo o particular que informou, un ciclista sufrira unha caída nunha costa empinada, no quilómetro 1 da DP-1914, no lugar de Vivente, correspondente á parroquia de Ardaña.

Rapidamente, os xestores do 112 Galicia informaron ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico e ao Servizo Municipal de Protección Civil de Carballo.

Logo de que chegasen os medios ata o punto, só puideron confirmar o falecemento do ciclista. Non houbo máis vehículos implicados.