Un ciclista perdeu a vida en Foz mentres circulaba pola N-642

O 112 Galicia tivo constancia do ocorrido ás 13:10 horas deste domingo, tras recibir a chamada dun particular que alertaba de que un ciclista se atopaba tendido na estrada, mentres varias persoas lle practicaban manobras de reanimación.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil.

Nun primeiro momento, chegou a activarse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero finalmente os servizos sanitarios confirmaron o falecemento do ciclista no lugar.

O suceso produciuse na estrada N-642, no punto quilométrico aproximado 29,5, ao seu paso polo lugar de Vilaronte.

Related posts

UCIN Galicia denuncia o uso partidista de recursos públicos para obras e medios por parte da Xunta

Espazo Común Galeguísta reclama unha reforma ambiciosa do municipalismo galego fronte a cambios meramente formais

Medio Rural lembra ás comunidades de montes que deben destinar o 10 % dos ingresos á prevención de incendios