Un ciclista perdeu a vida logo de sufrir un atropelo en Xermade

Un ciclista faleceu este venres logo de sufrir un atropelo no quilómetro 9 da estrada LU-861, no concello lugués de Xermade. Foi concretamente na parroquia de Candamil, na vía que conecta coas Pontes. Ao parecer, o ciclista foi alcanzado por un vehículo que realizaba unha manobra de adiantamento. O falecido, veciño de Vilalba, circulaba acompañado por outro ciclista. Ata o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico e AVPC de Xermade. O 112 recibiu o aviso as 11:20 da mañá. O sinistro produciuse nunha zona pola que transitan a diario numerosos afeccionados ao ciclismo, e de feito hai sinais que advirten diso os condutores. Trátase do quinto sinistro mortal que se produce neste concello lugués de Xermade só no que vai de ano, cun balance de seis falecidos. _Fonte_Axega.

Related posts

Avanza a detección precoz da violencia de xénero a través do cribado que realiza o Servizo Galego de Saúde

UCIN Galicia abre o proceso para a presentación de candidaturas ás alcaldías nos concellos galegos

Morre un condutor en Lugo nunha colisión entre dous coches e un camión