Un ciclista resultou ferido en Boiro tras sufrir unha caída nunha zona de monte

Helicóptero medicalizado

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para informar da caída dun ciclista. Aseguraba se trataba dun lugar de difícil acceso para a ambulancia, ao seu paso por Lampón, en Boiro.

Por iso, ao contactar co persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, indicaron que o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela se desprazaba, neses intres,  cara o lugar. De feito, a aeronave tomou terra no centro de saúde da localidade.

Finalmente, o vehículo sanitario puido chegar ata onde se atopaba o ciclista ferido, que o trasladou ata o centro de saúde e onde o agardaba a aeronave.

Ademais de informar do suceso ao persoal sanitario, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Boiro, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha