37
O 112 Emerxencias Galicia solicitou asistencia para un ciclista que se caeu na rúa Río Anllóns en Carballo, pasados uns minutos das oito da tarde deste luns. Ao lugar enviaron unha ambulancia asistencial para atender ao ferido. Tamén pasaron aviso ás forzas da orde para levantar o correspondente atestado. Tratan de determinar a implicación ou non, dun turismo dunha empresa de repartición de comida a domicilio que se ausentaba do lugar tras o accidente. Para iso será vital a declaración do propio ciclista, así como a das testemuñas do sinistro.