Un cinco será a nota mínima para pasar de curso na ESO en Galicia


Os alumnos galegos da ESO terán que obter unha cualificación media de 5 ou superior no seu expediente para pasar de curso e ter superada esta etapa. O conselleiro Román Rodríguez trasladou esta decisión no marco da conferencia sectorial de Educación e na que se abordou tanto a supresión dos exames extraordinarios de secundaria este mesmo curso como os currículos de primaria e de ESO, entre outras cuestións. A Xunta desenvolverá unha orde na que se introducirán estes novos criterios “determinados, uniformes e coñecidos” co fin de “reducir a desigualdade” entre o alumnado e ofrecer “garantías xurídicas” ao profesorado en relación á avaliación.