Un coche atropelou a varias persoas nunha verbena en Vilanova de Arousa

0 minutes read

O suceso aconteceu na noite deste domingo durante a celebración das festas de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa. A verbena non rematara aínda, coa orquestra Paris de Noia sobre o escenario, cando un condutor de uns 80 anos estaba a ver a actuación da orquestra desde dentro do coche perdeu o control do vehículo e levou por diante varias das persoas alí congregadas. O coche acabou golpeando unha carpa, que caeu. Segundo as primeiras informacións, o atropelo deixa doce feridos, cinco deles en estado grave. Entre os feridos de maior gravidade haberia un menor de idade.