Un coche “plántase” na horta dunha casa en Vilaboa, Culleredo

0 minutes read
  • Os propietarios da casa decatáronse do ocorrido ao chegar a Policía

Esta madrugada, o condutor dun vehículo plantou o seu coche, literalmente, na horta duns veciños de Vilaboa, Culleredo.

O condutor, que deu positivo en alcol e ten feridas leves, pasou por encima dun muro de 70 cm e finalmente aterrou na horta. Aínda se descoñecen as causas que propiciaron que o vehículo se saíse da calzada.

Os propietarios da casa non se decataron do ocorrido ata que os axentes da policía chegaron alí.