Un coche sáese da vía e encáixase nunha casa de Val do Dubra

1 minutes read
  • O ocupante do vehículo quedou atrapado e tivo que ser liberado polos bombeiros.

Segundo a información recollida no 112 Galicia, o sinistro produciuse pouco antes das tres da tarde deste sábado en Portomouro, Val do Dubra, concretamente, na DP-0701. Testemuñas do accidente chamaron ao servizo de emerxencias para dar conta do sinistro e explicar que o coche estaba encaixado na casa. Ademais, o impacto provocou que o ocupante do vehículo quedase atrapado e sería necesaria a intervención dos bombeiros para poder liberalo.

Deste xeito, acudiron os efectivos do parque comarcal de Santa Comba, a maiores dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron unha dotación a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago.

Unha vez que os bombeiros sacaron o ferido do coche, este recibiu asistencia médica e foi evacuado.

Un coche cae por un terraplén sen condutor e freo de man en Teo
Por outra banda, o 112 Galicia tivo coñecemento doutro accidente en na Rúa do Loureiro, nos Tilos, en Teo. Un coche foise por un terraplén malia os esforzos da condutora para detelo. Atopábase fóra do coche cando este comezou a descender polo desnivel. A muller tratou de poñerlle o freo de man, pero foi arrastrada e levou un golpe na cabeza. 

Este operativo foi activado pasada a unha desta tarde, tras a primera chamada de aviso ao 112 Galicia. Os equipos intervenientes foron o servizo local de Protección Civil de Teo, os membros do GES Brión, os axentes da Policía Local e Urxencias Sanitarias de Galicia-061.