Un “comportamento moi agresivo” do virus causou a morte da carballesa embarazada

Habitación de un hospital_Cedida

Segue a busca da verdade sobre o que realmente lle aconteceu á muller embarazada de Carballo que faleceu, xunto coa súa filla, no Hospital Materno de A Coruña o pasado fin de semana.

Segundo fontes do hospital, a causa da morte foi o COVID-19 e establecían que a vítima tiña xa patoloxías previas. Sen embargo, foron moitos os medios de comunicación que se fixeron eco da opinión dos familiares, que negaban que a muller tivese algunha patoloxía previa ou mesmo dera positivo por coronavirus.

A CRTVG manifestou na súa páxina web que a familia «puxo en man dos avogados e de peritos médicos o caso, para analizar “se houbo algún tipo de responsabilidade na súa morte” e tamén na do bebé, que, segundo os médicos que a atenderon, naceu morto».

O medio autonómico tamén destaca que o equipo médico informou ós familiares que a moza faceleu por unha “tormenta inflamatoria” causada polo coronavirus que adoptou un “comportamento moi agresivo”.

A familia tamén se mostra indignada pola incineración do cadáver xa que non houbo posibilidade de poder facerlle a autopsia. De feito, en ningún lugar está exposto que o protocolo a seguir cunha vítima que faleceu polo COVID-19 sexa a queima inmediata.