Un concurso de ideas definirá o proxecto da nova sede do Imelga en Santiago

1 minutes read

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación deste concurso de ideas, onde incidiu na importancia de dar resposta con esta nova infraestrutura a unha demanda histórica para que o Imelga conte cunha sede propia de referencia para toda Galicia cunhas instalacións modernas, no mesmo inmoble que acollerá tamén a subdirección territorial do organismo en Santiago de Compostela. De feito, a superficie útil prevista do edificio superará os 3.200 metros cadrados.
Alfonso Rueda destacou o imprescindible papel dos médicos forenses e equipos psicosociais a través de tódalas peritaxes que realizan e que supón un apoio fundamental para o funcionamento da Administración de Xustiza. Ao acto tamén acudiu o xuíz decano de Santiago, Andrés Lago Louro, que valorou de forma positiva este proxecto para que os profesionais forenses teñan un espazo para levar a cabo a súa actividade e co que garantir a protección das vítimas.