A Policía Local de Cangas interceptou a un condutor durante un control preventivo realizado nunha zona de ocio durante esta pasada fin de semana.
O condutor, veciño de Vigo, deu positivo na totalidade das substancias estupefacientes detectables durante un test de saliva.
Desde a Policía Local aseguran que este tipo de casos son illados, pero que si que están a detectar un aumento no consumo de drogas. Alertan tamén do perigo desta práctica que, no caso do condutor, suporalle a retirada de 6 puntos no carné e unha multa de 1.000 euros.
No mesmo control, a Policía Local de Cangas tamén interceptou un segundo condutor que deu positivo en cánnabis e cocaína.