Un conductor foi liberado da súa furgoneta despois de dar varias voltas de campá

Imaxe dun camión de Bombeiros

  • Foi precisa a intervención dos Bombeiros de Monforte de Lemos

O condutor dunha furgoneta resultou ferido esta tarde en Pantón (Lugo) despois de que o vehículo no que circulaba rematase fóra da vía tras dar varias voltas de campá.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, o home tivo que ser liberado polos Bombeiros de Monforte para que puidese ser atendido polos efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O accidente ocorreu no punto quilométrico 531 da N-120, ao fío das 17:15 horas.

Nada máis ter constancia dos feitos a través do persoal sanitario, desde o CIAE 112 Galicia requiriuse a intervención dos Bombeiros de Monforte, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha