32
Un condutor tivo que ser excarcerado dun coche de alta gama e foi trasladado ao hospital en estado grave tras sufrir unha saída de vía na Coruña. O sinistro ocorreu na Avenida da Pasaxe, debaixo do viaducto que une A Pasaxe con Fonteculler. O turismo golpeou varias veces contra a mediana e o muro lateral, envorcou e quedou xirado en dirección contraria á marcha. O equipo de atestados investiga as causas do accidente, que ocasionou retencións e obrigou a desviar o tráfico pola glorieta superior.