Un condutor queda atrapado tras colidir contra outro vehículo en Cee

Contra as 10:30 horas deste sábado, unha testemuña do accidente contactou co 112 Galicia para pedir axuda, xa que había persoas feridas. Tratouse dunha colisión frontolateral na AC-552, en A Pereiriña.

En concreto, tiveron que ser trasladados ao Hospital Virxe da Xunqueira ambos os dous condutores, un deles despois de ser liberado polos Bombeiros de Cee. Estaba atrapado no interior do coche, polo que foi necesario empregar o equipo de excarceración para sacalo.

Ademais de bombeiros e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, cooperaron no operativo os axentes da Policía Local de Cee.

Related posts

Comezaron os traballos de restauración do Faro do Roncudo, en Corme

Nova programación de cursos no Fórum Carballo

A Deputación da Coruña apoia a Carballo, Ordes, As Pontes, Cambre e Rianxo como museos de muralismo ao aire libre