A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada polo alcalde de Ares, Julio Iglesias, a directora do centro, Blanca Cortizas, e o xefe territorial de Educación, Indalecio Cabana, visitou o CPI As Mirandas en Ares, onde a Consellería de Cultura, Educación e Universidade vai acometer unha importante obra de ampliación que suporá a dotación de novos espazos educativos neste colexio.
Nos vindeiros días está prevista a firma do convenio de posta a disposición dos terreos por parte do concello de Ares para que a Xunta poda acometer as obras de ampliación “tan necesarias e demandadas dende hai moitos anos polo CPI As Mirandas», sinalou a delegada.
Unha vez asinado o convenio, a Consellería de Educación vai encargar a redacción do proxecto de ampliación no que se concretarán, de xeito específico, todas as actuacións a desenvolver e no que haberá con toda seguridade novas aulas para infantil e psicomotricidade. Está previsto que conte tamén cun aula multiusos e todas as instalacións necesarias e espazos comúns propios.