O convenio foi asinado polos alcalde de Arteixo, a alcaldesa da A Coruña e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade. O acordo supón que o transporte colectivo da Coruña continuará mantendo a cobertura do servizo de transporte prestado pola liña 6 desde o ano 2015.
A través deste convenio, que terá unha vixencia de catro anos, os veciños de Meicende continuarán dispoñendo dunha oferta acorde ás súas necesidades reais para aos seus desprazamentos diarios e en condicións equivalentes as actuais, especialmente no que se refire a tarifas, descontos, abonos, frecuencias, horarios, características dos vehículos e accesibilidade.
O convenio recolle as obrigas das partes, pola que a Xunta permite a extensión do transporte urbano da Coruña para que preste servizos ao núcleo de Meicende. Nos mesmos termos, o Concello da Coruña prestará os servizos de transporte, sen que supoña incremento ningún de custos para o Concello. Pola súa banda, o Concello de Arteixo asume o compromiso de indemnizar ao Concello da Coruña pola extensión deste servizo de transporte colectivo.