Un corte eléctrico afectará a varias rúas de Malpica este venres

PIXABAY

  • Os traballos de mantemento realizaranse de 06:00 a 07:00 horas

Debido a traballos de mantemento na rede eléctrica do concello de Malpica, este venres haberá un corte de luz de 06:00 a 07:00 horas. Segundo informan desde o goberno local «procederase a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións, o cal pode provocar interrupcións na subministración de electricidade durante ese período de tempo». Poderán verse afectadas, de xeito total ou parcial, as rúas Emilio González López, Escorial, Praia e Ventorrillo.

Máis información contactando coa empresa responsable, UFD-Grupo Naturgy, no 900 333 999.