Un cortocircuíto incendia unha cociña dunha vivenda en Oleiros

1 minutes read

O Servizo de Emerxencias de Oleiros tivo que intervir na tarde deste sábado para controlar un incendio nunha cociña na Rúa de Perseo. Malia a que a casa estaba habitada, ninguén resultou ferido e o lume quedou extinguido pouco tempo despois.

Os feitos ocorreron ás cinco horas, cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun dos ocupantes da vivenda, que relataba unha intensa acumulación de fume no seu interior. Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias avisou aos Bombeiros de Arteixo e aos membros do servizo de emerxencias municipal co fin atallar as lapas e comprobar a situación.

Finalmente, os equipos de intervención que acudiron ao lugar informaron ao 112 Galicia que ardeu a parte traseira dun forno, posiblemente, a causa dun curtocircuíto, e que o fogo alcanzou os mobles lindeiros. Ademais, toda a estancia viuse afectada polo fume.

Desde o 112 informouse igualmente aos axentes da Garda Civil e da Policía Local, así como aos efectivos de Protección Civil da localidade.