Un de cada dez españois padeceu coronavirus

Imaxe de arquivo de xente paseando_PIXABAY

  • O sector sanitario e os coidadores de persoas dependentes son os que presentan unha prevalencia máis alta (17%)

Un 9,9% da poboación española tería superado a enfermidade Covid-19 segundo os resultados da cuarta onda do estudo de seroprevalencia de Encovid, realizado polo Ministerio de Sanidade. Así, uns 4,7 millóns de españois terían anticorpos, dobrando aos afectados na primeira onda, cando só o 5,2% da poboación contraera o virus.

Nesta cuarta rolda do estudo, que tivo lugar entre o 16 e o 27 de novembro, participaron 51.409 persoas de todas as comunidades e as dúas cidades autónomas. No mesmo reflíctese que o colectivo dos sanitarios (17%) e os coidadores de persoas dependentes (tamén, 17%) son os que presentan unha prevalencia (porcentaxe de persoas que actualmente teñen anticorpos IgG detectables co test rápido) máis alta, seguido polo sector da limpeza (14%).

Ademais, os datos obtidos volven mostrar que, do mesmo xeito que nas roldas anteriores, hai unha importante variabilidade xeográfica nos resultados: mentres no núcleo central da península a prevalencia global achégase e mesmo supera o 15%, hai provincias nas que a prevalencia non chega ao 5%.

A Comunidad de Madrid, Castela-A Mancha e Castela e León son as rexións máis afectadas; e hai tres provincias que contan cun 18% de prevalencia acumulada: Madrid, Soria e Cuenca. No lado oposto, a menor prevalencia, con menos dun 5%, detectouse nas dúas provincias canarias (As Palmas e Santa Cruz de Tenerife), Galicia (Lugo, Pontevedra e A Coruña), Comunidade Valenciana (Valencia) e Andalucía (Huelva e Córdoba).

Non se observan diferenzas na seroprevalencia entre homes e mulleres. Tanto en prevalencia actual como global, as porcentaxes son menores entre os nenos, e moi similares nos demais rangos de idade.

Related posts

Tráfico xa sanciona por non levar a V16: que di a norma e como evitar problemas na estrada

España prohibirá acceder ás redes sociais a menores de 16 anos

O Hospital Vall d’Hebron, de Barcelona, realizou o primeiro transplante de cara do mundo