Un deshumidificador provoca un incendio nunha vivenda nas Pontes de García Rodríguez

112 Emergencias

  • Ninguén resultou ferido durante o incidente, que se produciu pasadas as 04:00 h desta madrugada

Os Bombeiros do Eume extinguiron durante a madrugada deste martes un lume nunha vivenda no concello coruñés das Pontes de García Rodríguez. O incendio, orixinado nunha estufa, provocou que o lume se propagase ao inmobiliario da casa. Por fortuna, ninguén resultou ferido.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos a través da chamada dunha persoa particular ao fío das 4:15 horas, que informaba dun lume na Avenida de Galicia, á altura do número 74. Segundo a información facilitada aos xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias ( CIAE), o lume concentrábase na sala da vivenda e todos os ocupantes atopábanse fóra no momento do incidente.

Con estes datos, ademais dos bombeiros, desde o 112 Galicia foron informados tamén os axentes da Policía Local e os voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no punto, os equipos de extinción confirmaron que ardera un deshumidificador e que o fume afectara a parte das escaleiras comúns do edificio. Deste xeito, os servizos de emerxencias procederon a atallar as lapas e ventilar o inmoble.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha