Un desprendemento de terra detén a circulación na AP-9 ao seu paso por Vigo

1 minutes read
  • A caída dunha árbore tamén provocou un corte da circulación na N-550

Durante esta madrugada producíronse dous cortes de vía na AP-9, ao seu paso por Vigo, e na N-550, en Caldas de Reis.

O primeiro rexistrouse cando faltaban uns minutos para as 04:00 horas. Foi un particular quen informou ao 112 Galicia que unha árbore que invadía a N-550, concretamente a variante de Caldas sentido Santiago.

O 112 Galicia informou do sucedido aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, aos Bombeiros do Salnés e ao persoal do servizo de mantemento da vía, así coma aos membros do GES de Valga.

Por outra banda, sobre ás 05:45 horas o persoal do servizo de mantemento da autoestrada informaba ao 112 Galicia dun desprendemento de terra na AP-9, á altura do punto quilométrico 160, en Cabral.

Os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos axentes de Tráfico e Policía Local.