A área de Investigación da Garda Civil do Posto Principal de Carballo, detivo a un veciño da localidade como presunto autor dun delito de furto. Os feitos ocorreron por mor da denuncia presentada nas dependencias do Posto Principal de Carballo, pola vítima. Na mesma manifestaba que autor ou autores descoñecidos, subtraéranlle unha bicicleta da súa propiedade, a cal se atopaba na vía pública, atada cun cadeado, achegando todos os datos sobre as características da mesma, para facilitar a súa identificación.
A Garda Civil investigou os feitos, en aras de verificar a veracidade dos mesmos e identificar o autor ou autores no seu caso. Os efectivos de Área de Investigación, realizaron as xestións e actuacións pertinentes, logrando localizar a bicicleta nunha tenda de compravenda da Coruña e a identificación plena do autor dos feitos, procedendo á súa detención.
A bicicleta recuperada, foi devolta ao seu lexítimo dono. O detido, xunto coas actuacións realizadas, foron postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Carballo.