Un detido e dous investigados en Boiro por simular un roubo e por tentativa de estafa

Garda Civil

Un veciño de Boiro foi detido pola Garda Civil e outras dúas persoas, vinculadas co sector do automóbil, están a ser investigadas por presuntos delitos entre os que se atopan estafa en grao de tentativa, simulación de delito, falsidade documental, alteración da placa de matrícula dun turismo e por encubrimento.

Os feitos empezáronse a investigar por mor dunha denuncia feita por un veciño de Boiro, na que se estipulaba que lle roubaran o coche, un vehículo da marca BMW de gama media, cando este estaba estacionado nunha localidade de Portugal. A presunta vítima solicitaba á compañía aseguradora unha indemnización que superaba os 29.000 euros.

Durante a investigación os axentes pescudaron que o vehículo en cuestión sufrira un accidente e o custo para reparalo era demasiado alto. Por iso, os tres implicados no caso foron adquirindo o vehículo de forma sucesiva alegando que este xa fora reparado, e xustificando este feito cunha fotografía que lles sacou un radar da AP-9 ao superar o límite de velocidade.

O autor material dos feitos foi detido polos supostos delitos de simulación de delito, falsidade documental na utilización dunhas placas de matrícula pertencentes a outro vehículo e tentativa de estafa. Os outros dous implicados foron investigados por un suposto delito de encubrimento, ao evidenciarse que, coa súa versión dos feitos, trataban de afianzar a estafa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha