41
As patrullas policiais sorprenderon o home cando supostamente estaba a fuxir dunha vivenda, que previamente asaltara. Podería haber implicadas outras dúas persoas que conseguiron fuxir. Os axentes están a investigar se o detido está detrás dos numerosos roubos que se rexistraron hai quince días nesta urbanización, que vén denunciando a proliferación de asaltos dende hai tempo.