Un detido na Coruña nunha operación contra a pornografía infantíl

Operación da Policía Nacional contra a pornografía infantil que se salda coa detención de oito persoas en varias provincias españolas. Unha das detencións foi na Coruña, trátase dun técnico electrónico, de 48 anos de idade, que intercambiaba pornografía infantil de nenas moi pequenas. Os axentes da Policía Nacional atoparon no rexistro do seu domicilio varios dispositivos ocultos con arquivos pedófilos.

A operación comezou grazas a un aviso da policía estadounidense no que advertía de que diferentes persoas en España estarían compartindo pornografía infantil nas redes. Un dos detidos, o máis activo, era un estudante sevillano de 28 anos que actuaba ademáis como líder e instructor doutros pedófilos estranxeiros.

Administraba grupos moi pechados e moi valorados entre os pedófilos, aos que esixía condicións extremas para o seu acceso ao envío de imaxes de incestos reais. Amáis dos oito detidos, nesta operación tres persoas foron imputadas e un menor de idade posto baixo protección, xa que compartía material sexual protagonizado por el mesmo.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha