Un detido pola morte do home falecido dun disparo en Mesía

Un home foi detido pola morte violenta doutro por un disparo de arma de fogo ocorrida este domingo en Mesía. A Garda Civil informou da detención nun comunicado. Fontes próximas á investigación indicaron que o home detido estaba presente no lugar dos feitos, e que se trataría da persoa que compartía vivenda coa vítima. Segundo a versión que dera, el escoitou un ruído na casa e cando foi ver descubriu que estaba morto. A continuación, asegurara que se agoniou, xa que el mesmo era posuidor dunha arma, que di que tiña no coche, e foise desfacer dela. Despois xa é cando avisa un veciño, que é quen alerta as forzas de seguridade. A investigación segue a cargo do equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago. 

Related posts

Dous mortos e un ferido moi grave nun accidente rexistrado na A-8 en Guitiriz

23 vehículos implicados e 4 feridos nun accidente na AP-9 en Oroso | 3 feridos tamén noutro sinistro en Carballo

Galicia pechou a súa estadía en Fitur con dous premios: Mellor Estand autonómico e Mellor Expositor Sostible