Un home de procedencia suramericana, pero afincado en Carballo, foi detido ás 5:20 horas da madrugada deste martes. O detido formaba parte, presuntamente, dun grupo de encapuchados que cometeron un roubo e numerosas desfeitas no céntrico bar Korner, situado na praza de Galicia. A rápida intervención de dous axentes da Policía Local foi determinante para lograr reter ao agora detido na rúa Barcelona, aínda que por unha escasa marxe de tempo outros dous déronse á fuga con parte do botín nun turismo Seat León de cor escura, ao que as forzas da orde tratan de localizar. Os danos causados no local e o diñeiro subtraído podería exceder os vinte mil euros. A Garda Civil de Carballo fíxose cargo da investigación para esclarecer o ocorrido, así como dar caza aos presuntos ladróns fuxidos.
34