Un detido tras unha liorta no centro de Carballo

1 minutes read

Un home resultou ferido de consideración tras producirse unha pelexa na céntrica rúa Jacinto Amigo Lera de Carballo, paralela á rúa Coruña, fronte á Igrexa de San Xoán Bautista. Tal e como puideron presenciar varios transeúntes que deron a voz de alarma. Polo menos tres persoas poderían ter que ver na pelexa que se orixinaba minutos antes das oito da tarde deste luns. O lesionado máis grave quedou tendido na rúa, cunha ferida aberta na cabeza pola que perdía abundante sangue, mentras o presunto agresor se daba á fuga a pé do lugar, ante a mirada atónita dos presentes. Minutos máis tarde facía acto de presenza no punto unha patrulla da Policía Local, que prestou as primeiras atencións ao ferido ata a chegada dunha ambulancia que o evacuaría ao PAC da localidade. Unha vez no centro médico o suxeito foi identificado como G.T.I. dunha idade próxima aos 60 anos, o cal precisaría atención urxente das súas lesións na cabeza. Ao mesmo tempo as forzas de seguridade montaron un dispositivo de búsqueda do presunto agresor polas rúas do centro da vila, o cal daría os seus froitos aos poucos minutos, rematando coa súa detención. En función da evolución do ferido, o detido será posto a disposición da xustiza mentras se investigan as causas do ocorrido.