Un “Día das Artes” para lembrar a Domingo Antonio de Andrade

1 minutes read

O 1 de abril é o día escollido cada ano pola Academia Galega de Belas Artes para render homenaxe a persoeiros que ao longo da historia tiveron algo que dicir na creación de distintas artes no noso país.

Nomes como Castelao ou o mestre Mateo xa tiveron a súa data en anos anteriores, nunha cita que se celebra anualmente dende 2015. Este ano tócalle o recoñecemento ao arquitecto ceense Domingo Antonio de Andrade.

Vida e obra

Nado en Cee en 1639 e finado en Compostela en 1712, Domingo Antonio de Andrade é unha das figuras máis representativas do barroco en Galicia. Cursou a súa formación na facultade de Artes da USC e en 1676 foi nomeado Mestre de Obras da Catedral de Santiago.

Entre as súas construccións máis representativas atópase a Torre da Berenguela. O ceense non só se adicou a traballar en pedra, con máis traballos nas catedrais de Lugo e Ourense, senón tamén en madeira con retablos como o da parroquia de Santiago de Carril ou o das Clarisas de Compostela.