Un dobre atentado deixou máis de 60 mortos en Cabul

1 minutes read

Dúas explosións producíronse este xoves no exterior do aeroporto de Cabul, provocando máis 60 mortos -incluídos menores de idade- e un centenar de feridos, segundo varias axencias. O grupo terrorista Estado Islámico (EI) reivindicou o dobre atentado nun comunicado difundido polas súas canles de propaganda na internet.

O portavoz do Pentágono, John Kirby, confirmou que 12 militares estadounidenses atópanse entre as vítimas mortais da segunda explosión -ocorrida nas inmediacións do Hotel Baron, situado preto da porta do aeroporto chamada Abby (Abadía)- e máis dunha decena resultou gravemente ferida. O servizo de intelixencia de Estados Unidos afirma que aínda hai ameazas activas contra o aeroporto, pero descarta o envío de tropas adicionais tras o ataque.

Varias fontes indican que se tratou de «atacantes suicidas». O portavoz dos talibán, Suhail Shaheen, desmentira que o grupo estivese detrás e condenou o dobre atentado.