Un dos médicos do Deportivo exerce como voluntario no CHUAC

0 minutes read

O doutor Carlos Lariño, un dos médicos do Deportivo, exerce estes días como voluntario no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) pola COVID-19 e admitiu que «é duro pasar de Disney», en referencia ao fútbol, á «guerra», por como están os servizos de urxencia. O doutor do conxunto coruñés sinalou que «está a ser unha experiencia moi bonita desde o punto de vista médico por compartir tempo e traballo cuns profesionais excelentes», e que destacan polo que «son capaces de facer con poucos medios».