Un dron vixiará os puntos máis problemáticos das estradas galegas

Cedida.

A aeronave voa por debaixo dos 120 metros de altura e nun radio de 500 metros, pero a súa cámara de alta resolución permítelle detectar infraccións a catro quilómetros de distancia. Non levar o cinto de seguridade e usar o móbil son dúas das infraccións que máis se repiten ao volante. Pero non son as únicas, saltos de stop, adiantamentos indebidos, detectalas a tempo pode evitar moitos accidentes. Esta é a misión do novo dron de vixilancia da DXT. Vixiarán sobre todo vías cunha alta incidencia de accidentes. No que levamos de ano 44 persoas perderon a vida nas estradas galegas.