Un enfrontamento entre dúas familias rivais deixa polo menos un morto e varios feridos en Ribeira

Policía Nacional

  • O falecido perdeu a vida tras ser atropelado durante a confusión na trifulca. 
  • As causas exactas da disputa seguen baixo investigación.

O suceso produciuse no centro recreativo do lugar de Artes, durante a celebración dun aniversario que comezaba ás tres da tarde deste martes. Por causas que aínda se descoñecen e a Policía Nacional investiga, os membros de dúas familias entablaron unha forte discusión e acto seguido intercambiaron disparos e navalladas. Hai varias persoas feridas tanto por arma branca como por armas de fogo. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Local e Nacional, Garda Civil, Antidisturbios, un helicóptero medicalizado do 061 e tamén varios efectivos de Emerxencias Sanitarias. A trifulca derivou nunha persecución pola AP-9, onde a Garda Civil efectuou detencións nunha das peaxes de Teo. A situación estaba controlada á medianoite, aínda que continúan hospitalizadas varias persoas no Hospital da Barbanza, onde tamén se mantén presenza policial para evitar novos altercados.

Related posts

Detido un home en Ribeira acusado de acoitelar ao seu pai

Aprobado un investimento para a mellora integral da travesía de Bembibre, en Val do Dubra

Ordes, Arzúa, Oroso, Santa Comba e Padrón lideran as vendas de MercaNaVila na comarca de Santiago