Un equipo submarino analizará os restos do Villa de Pitanxo


O Ministerio de Transportes asegura nunha nota de prensa que nas últimas semanas se realizaron consultas a varios organismos da Administración do Estado que xestionan buques de navegación oceánica para avaliar as súas capacidades técnicas e a oportunidade de dedicar medios públicos a estas operacións. Finalmente concluíuse que o máis axeitado é contar con compañías privadas especializadas que dispoñan de buques e equipos idóneos e de dotacións especificamente formadas. Asegura o Ministerio que se está preparando a licitación dun contrato para ese fin e que as operacións se realizarán no ano 2023, “tendo en conta a meteoroloxía da zona e a dispoñibilidade dos medios que interveñan”.