Un erro no voto dun dos deputados do PP validou a reforma laboral

O texto foi aprobado este xoves no Congreso pola mínima e despois de que un deputado popular votase si. A dirección do PP asegura que se tratou dun erro informático e pide que se rectifique. Ademais, Unión do Pobo Navarro pediulle aos seus dous deputados que entreguen as súas actas por desobedecer as ordes da dirección e votar en contra a reforma. O texto, lembremos, quedou aprobado por 175 votos a favor e 174 en contra. 

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha