Un ERTE afectará a 22.000 empregados de El Corte Inglés

Cedida.

El Corte Inglés presentou ante o Ministerio de Traballo un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que afectará a uns 22.000 traballadores en toda España. Desde a compañía aseguran que se trata dunha medida temporal que non afectará o emprego, que se manterá intacto. Terá unha duración de 14 días a contar desde a publicación do decreto que establecía o estado de alarma e a súa prolongación dependerá do que dure a actual situación. Desta maneira, El Corte Inglés acóllese ás medidas habilitadas polo Goberno tras a declaración do estado de alarma con motivo da crise sanitaria ocasionada polo Covid-19. Aseguran que se adopta esta medida por causa de forza maior e co obxectivo de manter o emprego.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha