Un falecido ao quedar atrapado debaixo dunha carretilla en Carral

1 minutes read

Un operario de 51 anos faleceu na tarde deste mércores despois de quedar debaixo dunha carretilla no termo municipal de Carral (A Coruña). O servizo de emerxencias tivo coñecemento deste accidente sobre as 17,00 horas deste mércores. Os feitos sucederon no lugar de Lameira, na parroquia de San Martiño de Tabeaio, no municipio de Carral.

Foron os servizos sanitarios os que indicaron que se necesitaban medios de excarceración porque quedara debaixo dunha carretilla. Por iso, por parte do 112 informouse os voluntarios de Protección Civil de Carral, así como á Garda Civil e aos Bombeiros de Arteixo, mentres que o 061 xa estaba alertado.

O persoal sanitario no punto non puido facer nada por salvar a vida do operario e confirmou o seu falecemento.