Un falecido e dous feridos despois dunha colisión frontal entre dous turismos en Dumbría

Imaxe dunha ambulancia 061

Un home de 86 anos e veciño de Cee perdeu a vida e outras dúas persoas resultaron feridas na noite deste domingo nun choque frontal no que se viron implicados dous coches en Dumbría, os feridos son a muller do falecido de 76 anos e un home de 35 contra o que chocaron. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, os servizos de emerxencia tiveron que excarcerar á vítima mortal, ao quedar atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

O sinistro produciuse na AC-552, concretamente no punto quilométrico 80, en sentido A Coruña.

O 112 Galicia tivo coñecemento do ocorrido a través da alerta de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao fío das 23:00 horas.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Cee e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.