A primeira chamada que se recibiu no 112 Galicia en relación con este suceso de Verea foi arredor das 6:05 horas deste mércores, na que un particular alertaba dun peón camiñando pola estrada, a OU-540, polo quilómetro 30. Porén, uns minutos máis tarde, informaba a Garda Civil de Tráfico de que a persoa sufrira un atropelo e atopábase falecida, sen que nada se puidese facer por salvarlle a vida. A vítima foi un home de 89 anos, veciño de Laioso, a un quilómetro do lugar do atropelo. Ía descalzo, sen chaleco reflector, e acompañado polo seu can. Segundo confirma a Garda Civil, estaba atravesando a estrada, por unha zona indebida. A condutora do turismo, que se dirixía ao seu traballo, foi trasladada en ambulancia polo estado de nerviosismo en que se atopaba. Deu negativo nos controis de alcol e drogas.
Morre un home de 87 anos no incendio dunha vivenda en Aranga
O 112 Galicia tivo constancia do suceso arredor das 2:00 horas deste mércores. Segundo informaron varios particulares, estaba a arder unha casa no lugar de Pedramaior, a carón doutra vivenda e dunha granxa. Sen agardar, desde o CIAE 112 Galicia informouse aos Bombeiros de Betanzos e ao GES de Curtis, que se mobilizaron ata o punto. Porén, informaron de novo desde a zona de que había unha persoa no interior da vivenda afectada, aínda que posiblemente falecida, o que confirmaron logo os servizos de emerxencias. Tamén indicaron que a vivenda chegara a arder por completo. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participou o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Garda Civil.