A noite das fogueiras, previa ao día do Patrón San Xoán Bautista, transcorreu sen incidentes de importancia na semana grande de Carballo. Aínda que uns descoñecidos puxeron en alerta durante parte da noite aos bombeiros do parque comarcal e á Policía Local co intento de incendio de varios contedores de lixo, pero sen consecuencias maiores.
A peor parte levouna un xóven que participaba nunha das numerosas fogueiras do barrio de San Cristóbal, segundo testemuñas presenciais, á hora de acender o lume tentou avivalo con algún produto acelerante e produciuse unha pequena deflagación na que se viu envolvido polas lapas. De inmediato foi trasladado ao hospital con queimaduras de consideración no corpo e o rostro.