Un ferido de gravidade tras producirse unha saída de vía en Tordoia

1 minutes read

O 112 activou a alerta por un accidente de tráfico na rúa Pontepedra, en Tordoia, tras recibir o aviso por parte dos servizos sanitarios. Ante a posibilidade da presenza de persoas atrapadas no vehículo, o 112 deu aviso aos Bombeiros de Ordes, quenes finalmente procederon á excarceración dunha persoa ferida de gravidade que foi atendida no lugar polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Os equipos sanitarios indicaron a necesidade dun traslado inmediato a un centro hospitalario ante o estado da persoa excarcerada. No operativo participaron tamén efectivos da Guardia Civil de Tráfico e da Policía Local de Tordoia.