Por causas que se investigan, o condutor do camión cisterna, que ía sen carga, perdeu o control do vehículo nunha baixada da Nacional 634, no lugar de Cumbraos, en Mesía. Saíuse da estrada e arrastrouse uns 50 metros freando ata chocar cun poste da luz e acabar esnafrado contra unha casa. O condutor, consciente pero ferido, foi trasladado en helicóptero medicalizado ao hospital. A estrada estivo cortada durante varias horas, entre utras cousas porque o accidente danou o tendido eléctrico e facía perigosa a circulación. Houbo retencións, pero o tráfico mantívose por unha vía de servizo. Tamén resultou complicado retirar o camión, que levaba dúas cisternas. Houbo que utilizar un guindastre de gran potencia, e aínda así non foi doado.
0