Un ferido leve e 140 clientes desaloxados tras un incendio no Hotel Bahía de Vigo

É o balance do incendio rexistrado a madrugada deste xoves no Hotel Baía de Vigo. O cliente atendido polos servizos de emerxencias sufriu unha intoxicación por fume e o resto foi reacollido nos hoteis Cidade de Vigo e Eurostat. Dadas as características do edificio, un total de seis vehículos dos parques de Bombeiros de Teis e Balaídos desprazáronse ata o lugar. Pola súa banda, unha decena de patrullas da Policía Local e Nacional tamén acudiron e procederon a cortar o tráfico. Ademais, dúas ambulancias do 061, unha delas medicalizada, foron mobilizadas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha