46
O suceso producíase sobre as 10 da mañá deste domingo no lugar de Ameixenda – Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños. A central CIAE 112 Emerxencias Galicia movilizaba en auxilio aos Bombeiros de Bergantiños, a Garda Civil de Tráfico e a unha Ambulancia do 061. Dúas persoas viaxaban nun turismo que se saíu da vía contra un muro. O condutor resultou ileso, a peor parte levouna o acompañante, que sufriu unha fractura aberta nun nocello, sendo evacuado polos profesionais sanitarios ao centro médico para ser atendido.