43
Unha colisión entre un camión e dous vehículos provocou esta problemas de tráfico na estrada de Santiago a Lugo. Ocorreu na estrada nacional 634 á altura da localidade de Arca, no Pino. O camión, que circulaba en sentido a Santiago, colisionou contra os dous vehículos nunha recta cunha lixeira curva. Un dos turismos perdeu o motor na colisión. A Garda Civil tivo que desviar o tráfico provisionalmente por unha vía de servizo que vai paralela á estrada.