Un ferido nunha explosión nunha cociña na Coruña

Unha ventana descolgouse pola explosión

Unha explosión nun piso dos Castros deixa un ferido na Coruña. Foi tal a forza do estourido, que unha fiestra da vivenda saltou polos aires batendo nun coche que estaba en circulación. O suceso produciuse ás dez e media da noite mentres a familia estaba cociñando, pois o aceite que estaba no utensilio ao lume xerou unha combustión provocando fume e quedando os gases acumulados na parte superior da cociña.

Os residentes do piso tiveron que ser trasladados ao hospital. Unha muller por un ataque de ansiedade e un home por queimaduras. Ata a zona desprazáronse efectivos da Policía Local e dos bombeiros da Coruña. A Policía Científica investiga para esclarecer o sucedido.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha