Unha persoa resultou ferida de consideración tras caerlle encima unha pola dunha árbore que estaba cortando. Os feitos ocurriron minutos despois das 17:30 horas deste xoves no lugar do Forno, na parroquia carballesa de Artes. Recibida a alerta no CIAE 112 Emerxencias Galicia, ao lugar trasladouse de urxencia para socorrer ao ferido, unha ambulancia do 061, os bombeiros do parque de Carballo e unha patrulla da Garda Civil.
Tres evacuados preto de Cabo Vilán
Os tres tripulantes da embarcación «Loli II» duns 6 metros de eslora poideron evacuala a tempo, preto de Punta Pedrosa, antes que se incendiase por mor dunha avería. Salvamento Marítimo movilizou, tras o aviso do CIAE 112 Emerxencias Galicia, a embarcación Salvamar Altair, con base en Camariñas, que rescatou aos ocupantes nunhas rochas preto do sinistro. Sobre as 3 da tarde Protección Civil confirmou ao 112 Galicia que a embarcación siniestrada se afundíu por completo, descartando ningún tipo de vertedura ao mar.
